User talk:Tux corocotta

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search
Galego: Benvido/a a Commons, Tux corocotta!
Afrikaans | Alemannisch | asturianu | azərbaycanca | Bahasa Banjar | català | čeština | Cymraeg | dansk | Deutsch | Deutsch (Sie-Form)‎ | English | español | Esperanto | euskara | estremeñu | français | Frysk | galego | hrvatski | Bahasa Indonesia | interlingua | Interlingue | íslenska | italiano | Kiswahili | Kurdî | Latina | lietuvių | magyar | Bahasa Melayu | Mirandés | Nederlands | norsk bokmål | occitan | Plattdüütsch | polski | português | português do Brasil | română | rumantsch | Scots | shqip | sicilianu | slovenčina | slovenščina | Basa Sunda | suomi | svenska | Tagalog | Türkçe | vèneto | Tiếng Việt | Zazaki | Ελληνικά | беларуская | беларуская (тарашкевіца)‎ | български | Ирон | македонски | нохчийн | русский | српски / srpski | тоҷикӣ | українська | ქართული | Հայերեն | नेपाली | भोजपुरी | मराठी | हिन्दी | অসমীয়া | বাংলা | தமிழ் | മലയാളം | සිංහල | ไทย | ၽႃႇသႃႇတႆး  | မြန်မာဘာသာ | 한국어 | 日本語 | 中文 | 中文(台灣)‎ | 中文(简体)‎ | 中文(繁體)‎ | 粵語 | עברית | اردو | العربية | تۆرکجه | سنڌي | فارسی | +/−
Titorial Primeiros pasos

No titorial primeiros pasos e nas preguntas frecuentes pode atopar moita información de axuda logo de rexistrase. Explícase como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos da política de licenzas. Non necesita coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímese a contribuír aquí e presupoña boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki - é realmente fácil contribuír.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible no Portal da comunidade. Pode pórse en contacto co resto dos usuarios galegofalantes na Taberna ou cos usuarios internacionais no canal de IRC #wikimedia-commons. Tamén pode contactar cos administradores na súa páxina de discusión. Se ten algunha pregunta específica sobre o copyright, formúlea en Commons talk:Licensing.

Recomendacións
  • Poña as caixas Babel na súa páxina de usuario para que outros coñezan que linguas fala
  • Todos os ficheiros que vostede cargue poden consultarse na Galería persoal
  • Por favor engada a súa sinatura nas páxinas de discusión escribindo ~~~~
  • Use a ferramenta CommonSense para atopar as categorías correctas para os seus ficheiros (así tamén outras persoas poderan dar con eles!)
  • Para enlazar cara unha páxina de imaxe, escriba isto: [[:Image:Foo.svg]]; o resultado é este: Image:Foo.svg
  • Se vostede está publicando imaxes procedentes doutro proxecto, asegúrese de utilizar CommonsHelper
Cometeu un erro?
  • Quere renomear ou mover un ficheiro? Só ten que carregar o ficheiro outra vez e o antigo marcalo con isto: {{bad name|Nome correcto}}
  • Para ampliar información lea directrices de borrado (en inglés)
(P.S. Por favor pode responder a esta mensaxe no espazo común para que saibamos que ten a información que precisa?)

català  čeština  dansk  Deutsch  English  español  Esperanto  français  galego  italiano  lietuvių  magyar  Nederlands  norsk bokmål  português  polski  sicilianu  slovenčina  slovenščina  suomi  Tiếng Việt  Ελληνικά  македонски  русский  українська  հայերեն  한국어  日本語  中文(简体)  中文(繁體)  עברית  فارسی  +/− Hello, and thank your for sharing your files with Commons. There seems to be a problem regarding the description and or licensing of this particular file. Could you please resolve these problems, which are described on the page linked in above? Thank you. --Orgullomoore 23:48, 7 October 2006 (UTC)[reply]

català  čeština  dansk  Deutsch  English  español  Esperanto  français  galego  italiano  lietuvių  magyar  Nederlands  norsk bokmål  português  polski  sicilianu  slovenčina  slovenščina  suomi  Tiếng Việt  Ελληνικά  македонски  русский  українська  հայերեն  한국어  日本語  中文(简体)  中文(繁體)  עברית  فارسی  +/− Hello, and thank your for sharing your files with Commons. There seems to be a problem regarding the description and or licensing of this particular file. Could you please resolve these problems, which are described on the page linked in above? Thank you. --Orgullomoore 23:52, 7 October 2006 (UTC)[reply]

Como conseguir non ter problemas coas imaxes?

[edit]
Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
frase Contacta comigo da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (fai
click no penúltimo botón da barra que
está enriba daa caixa de edición, o que
ten unha sinatura como debuxo).

Grazas por colaborares connosco e subires estas imaxes. As políticas de Commons non atenden a casos concretos, están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes aos que non lles interesa a nosa presenza en Internet, aos que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriamos o risco de que o proxecto se cambalease e/ou desaparecese.

Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, as fotos que subiches poderían ser borradas no prazo dunha semana. Paso a explicarche os datos que fan falta e como incorporalos.

Indicación dos datos necesarios para que as imaxes subidas a Commons non sexan borradas

[edit]

¿Qué debes indicar?

  • se a imaxe é da túa propia autoría, indícao claramente. Se o obxecto que fotografías ten os dereitos de autor restrinxidos (portada dun CD, de libros, programas de tele, pósters,...), a túa foto tamén ten eses dereitos restrinxidos e non se pode subir a Commons (Commons:Obras derivadas).
  • Se a imaxe é dunha páxina Web, é obrigado colocar un enlace (link) ao lugar exacto do que se recolle a imaxe. Sexa cal for a orixe dunha imaxe, en dita orixe ten que poñer que se permiten as obras derivadas e o uso comercial, a non ser que pasen 70 anos da morte do autor (fotógrafo,...). Se no sitio web non aparecen expresos estes conceptos a imaxe poderá ser borrada por violación dos dereitos de autor
Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explícitamente que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
  • se a copiaches doutra Wikipedia (por exemplo a galega), coloca un enlace exacto á páxina de información da imaxe orixinal. Non basta dicir soamente que a imaxe se tomou de "outra Wikipedia"; é necesario indicar o lugar exacto. Ten en conta tamén que algunhas outras Wikipedias, como a inglesa, admiten imaxes baixo a cláusula de fair use que aquí non son aceptables por cuestións legais.

¿Cal é a licenza da imaxe?

  • No caso de que sexa copiada dalgún sitio, debes poñer a licenza que nese sitio tiña.

Todas as imaxes que se soben a Commons deben permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Pero hai máis matices, por iso é polo que haxa varias posibles licenzas. A licenza PD-self coloca a imaxe no dominio público sen restricións. En poucas palabras, a licenza GFDL-self obriga a que, se se utiliza a imaxe se nomee o autor e o lugar de onde se obtivo.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida? ::*Accede ás túas fotos.

  • Unha vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Recorda que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina

¿Como indicalo cando vas subir unha imaxe?

No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dúbida. Un cordial saúdo.--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 12:14, 8 October 2006 (UTC)[reply]