Commons:Llotja/gl
llotja | Presentación | Contribucións a Commons | Actividade | Contribucións das escolas de arte e deseño |
Contexto
[edit]A colaboración coa Escola Llotja é parte dunha iniciativa para involucrar as escolas de arte e deseño nos proxectos e retos do movemento Wikimedia.
Introdución
[edit]Varios estudantes da Escola Superior de Arte e Deseño Llotja de Barcelona realizan as súas prácticas profesionais na asociación wikimedista Amical Viquipèdia. O seu encargo é debuxar imaxes para os artigos de Wikipedia e publicalas en Commons. Os membros da asociación, coa axuda doutros wikipedistas, identificaron carencias no fondo de imaxes dispoñible en Commons, imaxes que dificilmente poden obterse libres de restricións de dereitos de autor. Este proxecto dá aos estudantes a oportunidade de traballar nun encargo profesional, de dar a coñecer as súas creacións e, ademais, de pasar a formar parte da comunidade de creadores gráficos de Commons.
A Llotja é a continuadora da escola de arte máis antiga de Cataluña e tamén de España (foi fundada en 1775). Actualmente a Escola Superior de Arte e Deseño Llotja é un instituto público de educación secundaria que depende do Departamento de Ensino da Generalitat de Catalunya.
Protagonistas
[edit]Durante o curso académico de 2011-12, hai 7 estudantes traballando en Amical Viquipèdia para cumprir o seu período de prácticas:
Luís Segovia: retratos de ilustradores do século XX (Ricard Giralt Miracle, Lola Anglada, Pauline Baynes, Fernando Krahn, Robert Segura Monje)
-
Ricard Giralt Miracle
-
Lola Anglada
Gerard Pla: retratos de políticos españois do século XX dos primeiros gobernos de transición e democráticos tras a ditadura franquista (Adolfo Suárez, Leopoldo Calvo Sotelo, Martín Villa, Manuel Gutiérrez Mellado)
Albert Pons: retratos de escritores/as cataláns/as do século XX (Josep Maria Folch i Torres, Montserrat Roig, Terenci Moix, Joan Perucho, Josep Palau i Fabre)
-
Terenci Moix
-
Montserrat Roig
-
Joan Perucho
-
Josep Palau i Fabre
-
Josep Maria Folch i Torres
Pau Bahí: ilustracións didácticas sobre a desecación do mar mediterráneo durante o período Mesiniano
- Co asesoramento do investigador Daniel Garcia-Casteláns
Oriol Tuca: recreación de esceas e retratos relacionados co movemento artístico Fluxus
-
George Maciunas
-
Yoko Ono and Fluxus
-
Piano Crash
-
Mistos Fluxus
-
Acción de Joseph Beuys
Jessica León: personaxes de ficción dos libros de J.R.R. Tolkien
-
Legolas
Albert López: ilustracións didácticas sobre prácticas deportivas
Alicia Gallego é a titora de prácticas da escola Llotja, Joan Lleonard e David Gómez son os titores de prácticas por parte de Amical Viquipèdia.